# Acceso Consejo
Axudas á investigación 2025: Proposta definitiva do Comité Avaliador
O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) publica a proposta definitiva emitida polo Comité Avaliador das Axudas á Investigación 2025, tras a valoración dos proxectos presentados na presente convocatoria.

Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia
Esta proposta recolle a relación de persoas candidatas seleccionadas como beneficiarias das axudas, clasificadas segundo as tres modalidades establecidas na convocatoria:
- Modalidade Pública e Privada
- Modalidade Universidade
- Modalidade Doutorado e TFM
Unha vez publicada esta proposta definitiva, a Xunta de Goberno do CoFiGa resolverá a concesión final das axudas, conforme ao establecido nas bases da convocatoria.
Desde o Colexio queremos agradecer a participación de todas as persoas solicitantes e felicitar ás seleccionadas, animándoas a seguir promovendo o avance científico e a xeración de coñecemento no eido da Fisioterapia.