# Acceso Consejo
Axudas á investigación 2025: Proposta Provisional do Comité Avaliador
Publicada a proposta provisional de proxectos seleccionados na convocatoria de Axudas á Investigación 2025. Prazo de alegacións aberto do 21 ao 27 de xuño.

Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia
O Comité Avaliador, tras analizar detidamente todas as solicitudes presentadas nesta edición, elaborou unha proposta provisional coa relación de proxectos seleccionados, atendendo a criterios de calidade científica, viabilidade, relevancia e axuste ás bases da convocatoria.
A proposta pode consultarse na seguinte ligazón
Prazo de alegacións
A partir desta publicación, ábrese un prazo de 7 días naturais (do 21 ao 27 de xuño de 2025) para a presentación de alegacións. As persoas interesadas poden remitir as súas reclamacións ou consultas a través do correo electrónico oficial: info@cofiga.org.
Unha vez rematado este período, procederase á publicación da resolución de alegacións e, o 4 de xullo, da Proposta Definitiva do Comité Avaliador.
Desde o CoFiGa agradecemos a participación de todas as persoas que presentaron as súas propostas e destacamos a calidade e interese dos traballos recibidos, que reflicten o compromiso crecente do colectivo coa investigación e coa mellora continua da práctica profesional.