Parabéns do CoFiGa á compañeira María Paz Álvarez Costas por obter un dos 77 premios extraordinarios fin de carreira otorgados pola Xunta

29-10-2015
Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia transmite os seus parabéns a nosa compañeira María Paz Álvarez Costas por ter sido galardoada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cun dos 77 premios extraordinarios de fin de carreira otorgados este ano.

María Paz Álvarez Costas (colexiada nº 2.688)  rematou os seus estudios de Fisioterapia no curso 2013/2014 na Universidade de Vigo.

Estes galardóns teñen como finalidade recoñecer o traballo, esforzo e excelencia das mellores traxectorias académicas dos estudantes das universidades galegas. Dos premiados, 28 cursaron os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela (USC), 20 na da Coruña (UDC) e 28 na de Vigo (UVigo). A puntuación máis alta correspóndese a unha graduada en dereito da UDC, que obtivo unha nota media de 9,85.

Os premiados recibirán unha dotación económica de 2.500 euros e un diploma acreditativo desta distinción, o que supón un importante recoñecemento institucional, un valor engadido para o seu currículo, e un apoio económico.

Para seren beneficiarios dos premios os candidatos debían ter unha puntuación media no seu expediente académico igual ou superior a 8,50 puntos, para alumnos das ramas de coñecemento de Artes e Humanidades, Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde; e 7,50 puntos, para alumnos da rama de Enxeñaría e Arquitectura.

A resolución da convocatoria, á que se destinaron preto de 200.000 euros, pode consultarse no Diario Oficial de Galicia do mércoles 28 de outubro/2015, no enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151028/AnuncioG0164-201015-0003_gl.html

Acceder a la noticia
Esta página web usa cookikes
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Puedes obtener más información aquí: Más información