A Fisioterapia galega vístese de gala para recoñecer cos I Premios Loitadores o espírito superación dos seus pacientes
Cun evento que se desenvolverá o sábado 16 de febreiro no salón de convencións da Cidade da Cultura de Santiago, organizado polo Colexio de Fisioterapeutas de Galicia como punto de encontro coa cidadanía

06-02-2019
Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia

A familia da Fisioterapia galega reunirase o vindeiro sábado 16 de febreiro en Santiago de Compostela nun evento que servirá de encontro dos profesionais coa cidadanía e que será escenario para a entrega da primeira edición dos Premios Loitadores, para recoñecer a traxectoria profesional dos fisioterapeutas colexiados honoríficos e para dar a benvida aos novos profesionais incorporados ao colectivo.

Organizada polo Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), a gala da Fisioterapia galega celebrarase, a partir das 19:00h do sábado 16 de febreiro no salón de convencións da Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Concibida seguindo o lema “Loitador! Non te deteñas” desenvolto polo CoFiGa para recoñecer o espírito de loita dos pacientes que atopan na Fisioterapia unha gran aliada para mellorar a súa saúde e calidade de vida, a gala da Fisioterapia galega contará coa participación de tres loitadores e loitadoras do cotián, claros exemplos superación, que compartirán cos asistentes as súas experiencias e traxectoria na súa loita diaria:

- O nadador paralímpico Chano Rodríguez Veloso, natural de Cádiz e vigués de adopción, máximo medallista de ouros da natación paralímpica española (8 medallas de ouro, 4 de prata e 4 de bronce nos 5 Xogos Paralímpicos nos que ten participado) que aos seus 61 anos está a prepararse para o Campionato do Mundo a celebrar este ano 2019 e para os Xogos Paralímpicos de Tokio 2020. Durante a súa intervención, falará sobre como “Aprender do pasado, vivir o presente e traballar para o futuro”.

- A fisioterapeuta e médico viguesa Susana Rodríguez Gacio, campioa do mundo de paratriatlón. Naceu cunha deficiencia visual grave debido ao seu albinismo e conserva aproximadamente un 10% de visión, o que non lle impide compatibilizar o seu labor como médico residente no CHUS cos duros adestramentos necesarios para alcanzar a súa próxima meta: os Xogos Paralímpicos de Tokio 2020. “Loitar contra a discapacidade, adestrar a habilidade de soñar ao grande”, é o título da súa charla.

- A cantante, actriz e conferenciante motivacional Miriam Fernández, diagnosticada ao nacer dunha parálise cerebral que lle impedía camiñar e razoar, pero que con tesón e o apoio da familia que a acolleu en adopción, logrou converterse con só 12 anos en campioa nacional de natación. Xa no ano 2008 obtivo o recoñecemento á súa vocación artística converténdose en gañadora do talent show televisivo “Tú sí que vales”. Actualmente compaxina a súa paixón pola música e a interpretación coas súas conferencias por todo o mundo. Esta loitadora talentosa e invencible dirixirase aos asistentes coa charla titulada “Transforma a túa realidade”.

Galardoados na I Edición dos Premios Loitadores

A gala da Fisioterapia tamén será escenario para a entrega dos galardóns da I Edición dos Premios Loitadores, que o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) concede a:

- Asociación GaliciAME (Atrofia Muscular Espinal), como recoñecemento ao espírito de superación dos seus integrantes e ao labor que desenvolve o seu equipo de fisioterapeutas na abordaxe desta enfermidade neuromuscular, de carácter xenético, que se manifesta por unha perda progresiva da forza muscular.

- XeRock Música e Discapacidade, unha banda de músicos que co lema "Capacitado@s tod@s" está integrada por persoas con discapacidade intelectual. Trátase dun proxecto de carácter reivindicativo, inclusivo e terapéutico no que conflúen música, diversidade funcional, capacidades, e a loita polos dereitos das persoas con discapacidade intelectual, que naceu en 2003 no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade Intelectual San Xerome de A Guarda (Pontevedra).

- Desirée Vila Bargiela, ximnasta acrobática galega que a pesar de ver truncada a súa traxectoria aos 16 anos por unha neglixencia médica que lle ocasionou a amputación dunha perna, continúa a súa carreira deportiva como atleta paralímpica. É autora o libro “O único incurable son as ganas de vivir”, no que dun modo directo e cheo de forza narra o antes, o durante e o despois do seu accidente, ofrecendo mensaxes que poden axudarnos a todos a superar os pequenos e grandes obstáculos que a vida pon no noso camiño.

- Montxo Solórzano González-Dopeso, DJ coruñés de 56 anos. Sempre foi un loitador, pero con máis de 40 anos o destino confrontouno á unha proba definitiva: un accidente doméstico levouno a perder o 100% da súa capacidade auditiva. Ata ese intre, Montxo lograra vivir da súa paixón, a música, converténdose nun referente no panorama musical galego como DJ. E, nun instante, chegou o silencio. Unha operación devolveulle a esperanza: un implante coclear, a posterior rehabilitación e o empeño de Montxo están a lograr que á música chegue pouco a pouco á súa vida.

Premios honoríficos

Tamén se concederán dous premios honoríficos, a:

- Pablo Beiro, pola súa intensa contribución a superar as barreiras ás que se enfrontan a diario as persoas con discapacidade. Falecido en 2015, foi presidente do Club Deportivo Amfiv (Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo), que naceu coa idea de potenciar ao minusválido físico a través do deporte, a súa meta primordial, e pelexar pola igualdade de oportunidades. O seu legado permanece vivo a través da Fundación que leva o seu nome, que continúa o seu labor de promoción, desenvolvemento e mantemento do deporte adaptado en Galicia.

- Roberto Branco Torres, político, poeta e xornalista galego ao que se dedicou en 1999 o Día dás Letras Galegas. É o autor do poema “Loitador”, que inspirou o lema do CoFiGa como fío condutor das diferentes actividades desenvoltas para mostrar a capacidade de superación e o espírito loitador de todas as persoas a todas as idades (traballadores, deportistas, nais, maiores, dependentes…) e a man que os fisioterapeutas lles tenden para soportar a súa loita.

A gala da Fisioterapia galega, que sería conducida pola actriz galega Iria Pinheiro, continuará coa actuación musical de Miriam Fernández, finalizando cun cóctel para todos os asistentes.

Inscricións para asistir

As persoas interesadas en asistir a esta gala da Fisioterapia galega poden inscribirse, ata o próximo 11 de febreiro, en: https://www.cofiga.org/premios-loitadores

Para facilitar a asistencia ao acto, o CoFiGa facilita un servizo de autobuses gratuítos desde as cidades da Coruña e Pontevedra. Máis información en: 981 212 246 / info@cofiga.org

La Fisioterapia gallega se viste de gala para reconocer con los I Premios Loitadores el espíritu superación de sus pacientes

Con un evento que se desarrollará el sábado 16 de febrero en el salón de convenciones de la Cidade da Cultura de Santiago, organizado por el Colexio de Fisioterapeutas de Galicia como punto de encuentro con la ciudadanía

La familia de la Fisioterapia gallega se reunirá el próximo sábado 16 de febrero en Santiago de Compostela en un evento que servirá de encuentro de los profesionales con la ciudadanía y que será escenario para la entrega de la primera edición de los Premios Loitadores, para reconocer la trayectoria profesional de los fisioterapeutas colegiados honoríficos y para dar la bienvenida a los nuevos profesionales incorporados al colectivo.

Organizada por el Colegio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa), la gala de la Fisioterapia gallega se celebrará, a partir de las 19:00h del sábado 16 de febrero en el salón de convenciones de la Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Concebida siguiendo el lema “¡Loitador! Non te deteñas” desarrollado por el CoFiGa para reconocer el espíritu de lucha de los pacientes que encuentran en la Fisioterapia una gran aliada para mejorar su salud y calidad de vida, la gala de la Fisioterapia gallega también contará con la participación de tres luchadores y luchadoras de lo cotidiano, claros ejemplos superación, que compartirán con los asistentes sus experiencias y trayectoria en su lucha diaria:

- El nadador paralímpico Chano Rodríguez Veloso, natural de Cádiz y vigués de adopción, máximo medallista de oros de la natación paralímpica española (8 medallas de oro, 4 de plata y 4 de bronce en 5 Juegos Paralímpicos en los que ha participado) que a sus 61 años se está preparando para el Campeonato del Mundo que se celebrará este año 2019 y para los Juegos Paralímpicos de Tokio 2020. Durante su intervención, hablará sobre cómo “Aprender del pasado, vivir el presente y trabajar para el futuro”.

- La fisioterapeuta y médico viguesa Susana Rodríguez Gacio, campeona del mundo de paratriatlón. Nació con una deficiencia visual grave debido a su albinismo y conserva aproximadamente un 10% de visión,  lo que no le impide compatibilizar su labor como médico residente en el CHUS con los duros entrenamientos necesarios para alcanzar su próxima meta: los Juegos Paralímpicos de Tokio 2020. “Luchar contra la disCAPACIDAD, entrenar la habilidad de soñar a lo grande”, es el título de su charla.

- La cantante, actriz y conferenciante motivacional Miriam Fernández, diagnosticada al nacer de una parálisis cerebral que le impedía caminar y razonar, pero que con tesón y el apoyo de la familia que la acogió en adopción, logró convertirse con solo 12 años en campeona nacional de natación. Ya en el año 2008 obtuvo el reconocimiento a su vocación artística convirtiéndose en ganadora del talent show televisivo “Tú sí que vales”. Actualmente compagina su pasión por la música y la interpretación con sus conferencias por todo el mundo. Esta luchadora talentosa e invencible se dirigirá a los asistentes con la charla titulada “Transforma tu realidad”.

Galardonados en I Edición de los Premios Loitadores

La gala de la Fisioterapia gallega también será escenario de entrega de galardones de la I Edición de los Premios Loitadores, que el Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) concede a:

- Asociación GaliciAME (Atrofia Muscular Espinal), como reconocimiento al espíritu de superación de sus integrantes y a la labor que desarrolla su equipo de fisioterapeutas en el abordaje de esta enfermedad neuromuscular, de carácter genético, que se manifiesta por una pérdida progresiva de la fuerza muscular.

- XeRock Música e Discapacidade, una banda de músicos que con el lema "Capacitad@s tod@s" está integrada por personas con discapacidad intelectual. Se trata de un proyecto de carácter reivindicativo, inclusivo y terapéutico en el que confluyen música, diversidad funcional, capacidades, y la lucha por los derechos de las personas con discapacidad intelectual, que nació en 2003 en el Centro de Atención a Personas con Discapacidad Intelectual San Xerome de A Guarda (Pontevedra).

- Desirée Vila Bargiela, gimnasta acrobática gallega que a pesar de ver truncada trayectoria a los 16 años por una negligencia médica que le ocasionó la amputación de una pierna, continúa su carrera deportiva como atleta paralímpica. Es autora el libro “Lo único incurable son las ganas de vivir”, en el que de un modo directo y lleno de fuerza narra el antes, el durante y el después de su accidente, ofreciendo mensajes que pueden ayudarnos a todos a superar los pequeños y grandes obstáculos que la vida pone en nuestro camino.

- Montxo Solórzano González- Dopeso, DJ coruñés de 56 años. Siempre fue un luchador, pero con más de 40 años el destino lo enfrentó a la una prueba definitiva: un accidente doméstico lo llevó a perder el 100% de su capacidad auditiva. Hasta ese momento, Montxo había logrado vivir de su pasión, la música, convirtiéndose en un referente en el panorama musical gallego como DJ. Y, en un instante, llegó el silencio. Una operación le devolvió la esperanza: un implante coclear, la posterior rehabilitación y el empeño de Montxo están logrando que la música llegue poco a poco a su vida.

Premios honoríficos

También se concederán dos premios honoríficos, a:  

- Pablo Beiro, por su intensa contribución a superar las barreras a las que se enfrentan a diario las personas con discapacidad. Fallecido en 2015, fue presidente del Club Deportivo Amfiv (Asociación de Minusválidos Físicos de Vigo), que nació con la idea de potenciar al minusválido físico a través del deporte, su meta primordial, y pelear por la igualdad de oportunidades. Su legado permanece vivo a través de la Fundación que lleva su nombre, que continúa su labor de promoción, desarrollo y mantenimiento del deporte adaptado en Galicia.

- Roberto Blanco Torres, político, poeta y periodista gallego al que se dedicó en 1999 el Día das Letras Galegas. Es el autor del poema “Loitador”, que inspiró el lema del CoFiGa como hilo conductor de las diferentes actividades desarrolladas para mostrar la capacidad de superación y el espíritu luchador de todas las personas a todas las edades (trabajadores, deportistas, madres, mayores, dependientes…) y la mano que los fisioterapeutas les tienden para sobrellevar su lucha. 

La gala de la Fisioterapia gallega, que sería conducida por la actriz gallega Iria Pinheiro, continuará con la musical de Miriam Fernández, finalizando con un cóctel para todos los asistentes.

Inscripciones para asistir

Las personas interesadas en asistir a esta gala de la Fisioterapia gallega pueden inscribirse, hasta el próximo 11 de febrero, en: https://www.cofiga.org/premios-loitadores

Para facilitar la asistencia al acto, el CoFiGa facilita un servicio de autobuses gratuitos desde las ciudades de A Coruña y Pontevedra. Más información en: 981 212 246 / info@cofiga.org

Acceder a la noticia
Esta página web usa cookikes
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Puedes obtener más información aquí: Más información