Convocadas as axudas 2018 de apoio á investigación na etapa predoutoral
Facilitan a contratación en universidades, fundacións de investigación sanitaria, organismos públicos de I+D+i de Galicia e centros do CSIC radicados na nosa comunidade autónoma

08-02-2018
Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia

As Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e de Economía, Emprego e Industria convocan, a través da  Axencia  Galega de Innovación (GAIN), as axudas 2018 de apoio á contratación de investigadores na etapa  predoutoral.

Estas axudas teñen por obxectivo estimular as actividades de investigación dos titulados universitarios durante a súa etapa  predoutoral, mediante procesos formativos estables que posibiliten a adquisición das habilidades propias do investigador.

Están destinadas ás universidades, aos organismos públicos de investigación, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC radicados en Galicia, co obxectivo de que contraten titulados superiores para que poidan realizar a súa formación  predoutoral nos devanditos centros.

Para iso, establécense dúas modalidades de axudas e, complementariamente, inclúen tamén o financiamento de estadías de tres meses de duración no estranxeiro.

No caso de presentar propostas a través da Fundación Profesor Novoa Santos, o prazo finalizará o próximo 27 de febreiro/2018, debido a que as solicitudes han de presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos: https://sede.xunta.gal.

 Máis información en: http://gain.xunta.gal/artigos/307/axudas+apoio+etapa+predoutoral

Sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN606A

Contacto na Fundación Profesor Novoa Santos: Pilar.Cal.Purrinos@sergas.es

 Convocatoria de ayudas 2018 de apoyo a la investigación en la etapa predoctoral

 

Facilitan la contratación en universidades, fundaciones de investigación sanitaria, organismos públicos de I+D+i de Galicia y centros del CSIC radicados en nuestra comunidad autónoma

 

Las Consellerías de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria y de Economía, Empleo e Industria convocan, a través de la Axencia Galega de Innovación (GAIN), las ayudas 2018 de apoyo a la contratación de investigadores en la etapa predoctoral.

Estas ayudas tienen por objetivo estimular las actividades de investigación de los titulados universitarios durante su etapa predoctoral, mediante procesos formativos estables que posibiliten la adquisición de las habilidades propias del investigador.

Están destinadas a las universidades, a los organismos públicos de investigación, a las fundaciones de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para la Investigación, Desarrollo e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), y a los centros del CSIC radicados en Galicia, con el objetivo de que contraten titulados superiores para que puedan realizar su formación predoctoral en dichos centros.

Para ello, se establecen dos modalidades de ayudas y, complementariamente, incluyen también la financiación de estancias de tres meses de duración en el extranjero.

En el caso de presentar propuestas a través de la Fundación Profesor Novoa Santos, el plazo finalizará el próximo 27 de febrero/2018, debido a que las solicitudes han de presentarse obligatoriamente por medios electrónicos: https://sede.xunta.gal.

Más información en:

 http://gain.xunta.gal/artigos/307/axudas+apoio+etapa+predoutoral

Sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=IN606A

Contacto en la Fundación Profesor Novoa Santos: Pilar.Cal.Purrinos@sergas.es

 

 

 

 

 

 

Acceder a la noticia
Política de cookies
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.