O presidente da Xunta recoñece a participación do CoFiGa na elaboración do Plan Director do futuro hospital Gran Montecelo, de Pontevedra
Tal e como puxo de manifesto no acto de presentación celebrado o pasado 18 de xullo

19-07-2017
Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, referiuse ao Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) como unha das organizacións, entidades e profesionais que foron consultados para elaborar o Plan Director de ampliación do hospital Gran Montecelo, de Pontevedra, que foi presentado o pasado martes 18 de xullo 2017.

O acto de presentación tamén contou coa presenza dos conselleiros de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e de Facenda, Valeriano Martínez, xunto co xerente do Complexo Hospitalario de Pontevedra, José Ramón Gómez, responsables do Sergas, alcaldes da vintena de municipios que pertencen ao área sanitaria de Pontevedra e dos seis da comarca do Salnés que teñen Montecelo como centro de referencia, ademais de representantes de organizacións colexiais do ámbito sanitario, asociacións de pacientes e de entidades sociais e veciñais.

Núñez Feijoo resaltou durante a súa intervención que o Gran Montecelo será o primeiro hospital de España construído a partir do diálogo e das achegas de todos os axentes implicados, pois para a súa elaboración foron consultados máis de 300 profesionais sanitarios, cinco asociacións, os Colexios Profesionais de Médicos e Fisioterapeutas, ademais de realizar 2.300 enquisas a usuarios, para a identificación de prioridades.

Na  execución do devandito Plan Director para a ampliación e remodelación do  hospital pontevedrés a Xunta investirá 140 millóns de euro, o que permitirá pasar de 79.800 metros cadrados actuais aos 118.500, incrementando a súa superficie en 39.000.

Dividido en seis áreas asistenciais, o proxecto presentado contempla 280 consultas externas e gabinetes de exploracións. Incorporará tamén máis especialidades hospitalarias, como a UCI Pediátrica e unha Unidade de Oncoloxía radioterápica, ademais de 120 camas máis, pasando de 600 a 720, das cales o 57 por cento serán individuais.

El presidente de la Xunta reconoce la participación del CoFiGa en la elaboración del Plan Director del futuro hospital Gran Montecelo, de Pontevedra

Tal y como puso de manifiesto en el acto de presentación celebrado el pasado 18 de julio

El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, se refirió al Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa) como una de las organizaciones, entidades y profesionales que fueron consultados para elaborar el Plan Director de ampliación del hospital Gran Montecelo, de Pontevedra, que fue presentado el pasado martes 18 de julio 2017.

El acto de presentación también contó con la presencia de los conselleiros de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, y de Facenda, Valeriano Martínez, junto con el gerente del Complexo Hospitalario de Pontevedra, José Ramón Gómez, responsables del Sergas, alcaldes de la veintena de municipios que pertenecen al área sanitaria de Pontevedra y de los seis de la comarca de O Salnés que tienen Montecelo como centro de referencia, además de representantes de organizaciones colegiales del ámbito sanitario, asociaciones de pacientes y de entidades sociales y vecinales.

Núñez Feijoo resaltó durante su intervención que el Gran Montecelo será el primer hospital de España construido a partir del diálogo y de las aportaciones de todos los agentes implicados, pues para su elaboración fueron consultados más de 300 profesionales sanitarios, cinco asociaciones, los Colegios Profesionales de Médicos y Fisioterapeutas, además de realizar 2.300 encuestas a usuarios, para la identificación de prioridades.

En  la ejecución de dicho Plan Director para la ampliación y remodelación del  hospital pontevedrés la Xunta invertirá 140 millones de euro, lo que permitirá pasar de 79.800 metros cuadrados actuales a los 118.500, incrementando su superficie en 39.000.

Dividido en seis áreas asistenciales, el proyecto presentado contempla 280 consultas externas y gabinetes de exploraciones. Incorporará también más especialidades hospitalarias, como la UCI Pediátrica y una Unidad de Oncología radioterápica, además de 120 camas más, pasando de 600 a 720, de las cuales el 57 por ciento serán individuales.

Acceder a la noticia
Esta página web usa cookikes
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Puedes obtener más información aquí: Más información